TENDAS GOURMET

CASA AMADOR

Rúa Carmen 17
Horario: 9.00 a 14.00 e 17.00 a 20.00 h. Sábado 9.00 a 14.00 horas.
Tel: 981 350 584

Tenda especializada en viños e torrefacción de café, con produtos de calidade, 100 anos de experiencia e gran profesionalidade.

CASA AVELINO

Rúa Magdalena 57 (tamén local en R/ Españoleto 60)
Horario: de 10.00 h a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h.
Tel: 981 350 411

Despacho de pan de trigo e centeo, xamóns e lacóns, embutidos variados de calidade, queixos do país, empanadas, follado…

CONFEITARÍA GASCÓN

Avenida de Castilla 12
Horario: de 9.00 a 14.30 h. e de 17.00 a 21.00 h. Sábados, domingos e festivos, só mañás.
Tel: 981 312 247

Destaca a famosa Torta de Ferrol ou Castiñeira, creación orixinal desta pastelaría. Xeados, pastelería, bombóns artesáns e tortas personalizadas. En tempada, turróns e roscóns, torradas, orellas e freixós, chulas, ósos de santo, monas e ovos de Pascua etc.

DULCERÍA GASCÓN

Rúa Real 109
Tel: 981351693

Especialidade en pastas de té e bombóns artesáns. Tortas, todo tipo de pastelería e xeados. Aquí pódese atopar a Torta de Ferrol, a Tableta de Ferrol, cocadas, bombóns artesáns…

EL RÁPIDO

Rúa Magdalena 139
Horario: de 9:00 a 14:30 h e de 16:30 ata as 21:00 h.
Tel: 981351829

Esta tenda de comestibles leva aberta máis de 90 anos.

Situada no barrio de Magdalena, destaca pola súa ampla gama de alimentos enlatados, bacallau, garavanzos, charcutería, viños e licores de calidade e a cervexa artesá “A Ferrolá”, que eles mesmos elaboran.

MUNDO ALIMENTACIÓN

Rúa María 135
Tel: 981352728
Horario: de 8:30 a 14.30 h. e de 17:00 a 21:00 h. Sábados mañás.

Esta tenda tradicional ofrece produtos da comarca, de Galicia e internacionais de alta calidade: produtos frescos e envasados, fiambres, embutidos, panadaría…

PASTELERÍA PARÍS

Dolores 68 e Avda. De Castelao, 31
Tel: 981352639
Horario: de 9.00 a 15.00 e de 16.30 a 21.00 h.
Pasteis, croissants, bolos, tortas, bombóns, empanadas, pizzas etc.

PASTELERÍA VALENCIA ULTRAMAR

Rúa Venezuela, 57 – 59 – Praza de Ultramar
Tel: 981370254
Horario: de luns a domingo de 7.30 a 20.00 h.

Cafetaría, pastelaría, bombonería, empanadas, tortas a medida, xeados…

STOLLEN

Rúa Magdalena 119
Tel: 981358015
Horario: De luns a jueves de 8.00 a 22.00. Venres e sábado de  8.00 a 23.00. Domingos de 08.00 a 22.00.

Nos baixos de Casa Romero, precioso edificio modernista, atópase esta pastelaría, despacho de pan e cafetaría.

COMPÁRTELO

This post is also available in: English Spanish

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies