DESTINO SICTED

  • Proxecto de calidade turística SICTED

O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos que traballa con empresas/servizos turísticos de ata 32 oficios diferentes, co obxectivo último de mellorar a experiencia e satisfacción do turista.

Promovido pola Secretaría de Estado de Turismo, co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias, persegue un nivel de calidade homoxéneo nos servizos ofrecidos ao turista dentro dun mesmo destino e conta con metodoloxía propia que inclúe, entre outras ferramentas, manuais de boas prácticas para cada subsector turístico e asesoría individualizada ás empresas participantes.

En Ferrol, o SICTED realizouse no ano 2022 en colaboración coa Deputación provincial da Coruña, que financiou o 80% do proxecto, a través dunha subvención para a Mellora da Calidade dos Destinos Turísticos.

Na provincia da Coruña, só Ferrol e Santiago de Compostela están a implantar este sistema de xestión da calidade. Ferrol traballa no SICTED desde o ano 2012 e na actualidade ten 36 empresas/entidades con distintivos de calidade.

COMPÁRTEO

This post is also available in: English Spanish

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies