Arquitectura del S.XVIII en Ferrol de la Ilustración

A construción do Arsenal Militar en 1750 marcou un antes e un despois para Ferrol, pois acabou por definir tamén un modelo de cidade ilustrada inédito ata o momento no estado. Ao abeiro deste pioneiro complexo foi necesario deseñar unha nova poboación, unha cidade concibida de maneira planificada e integral, froito de amplo e pensado proxecto construtivo que foi máis alá do puramente arquitectónico pois serviu como porta de entrada dos preceptos clasicistas, tanto na vida pública como na  linguaxe artística e construtiva de Galicia.

Neste percorrido achegarémonos ao Ferrol ilustrado do século XVIII a través de 25 arquitecturas singulares que foron testemuñas directas dos primeiros tempos da Cidade Departamental. Deste xeito poderemos coñecer as vivendas clasicistas do barrio da Magdalena; as construcións do considerado primeiro barrio obreiro de Galicia, situado en Esteiro; edificios relixiosos; hospitais; así como infraestruturas militares e de obra civil.

MAPA INTERACTIVO CON LOCALIZACIóNS DOS EDIFICIOS

URL: https://edificiosilustracion.ferrol.gal/locations

Descargar folleto

COMPÁRTELO

This post is also available in: English Spanish

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies