O porto de Ferrol, debido á especial configuración da ría e da súa orografía, é dos máis seguros do mundo. Xa a finais do século XVI, Felipe II decidiu que a ría de Ferrol fose utilizada como base para a Armada Real. No s. XVIII, Ferrol foi designada capital do Departamento Marítimo do Norte e Felipe V ordenou a creación do Real Arsenal e dun Estaleiro na aldea da Graña. Máis tarde, Fernando V ordenou a construción dun gran estaleiro na vila de Ferrol, dedicado case exclusivamente á construción de barcos para a Armada. Nace así o Porto Ideal da Ilustración, denominación coa que Ferrol aspira ao seu recoñecemento como Patrimonio Mundial.
![]()
Arsenal Militar
Declarado Ben de Interese Cultural, a súa construción data de mediados do s. XVIII, durante os reinados de Fernado V e Carlos III. Contén edificios e construcións de gran valor, como a “Porta do Dique”.
![]()
Baluarte de San Xoan
Este baluarte ou batería asómase desde Ferrol Vello ofrecendo unha magnífica vista sobre o porto de Curuxeiras, coa Cortina do Arsenal polo lado leste, un muro defensivo con multitude de canóns.
![]()
Castelo de San Felipe
Magnífico exemplo de arquitectura militar, levántase moi preto da zona máis angosta da Ría de Ferrol. Fronte a el, na beira oposta da Ría, a pouco máis dun centenar de metros, atópase o Castelo da Palma
![]()
Cuartel de Dolores
Declarado Ben de Interese Cultural, ten a honra de ser o cuartel máis antigo de España. A súa construción comezou en 1751 e desde 1771 acolle as tropas de infantaría de Mariña española.
![]()
Museo da Construción Naval
É probablemente o principal museo dedicado á historia da construción naval que existe no mundo.
![]()
Museo Naval
Edificio deseñado no s. XVIII por Sánchez Bort, sitúase xunto ao edificio de Herrerías e cumpriu no pasado a función de presidio. Hoxe en día trasládanos aos momentos máis gloriosos da Armada Española a través dos séculos.
![]()
Navantia
O actual estaleiro de Navantia é herdeiro dunhas instalacións e dunha bagaxe de 300 anos. Navantia é referente mundial no deseño e construción de buques militares equipados coa última tecnoloxía.
![]()
Palacio de Capitanía
Monumental edificio que acolleu no pasado a Capitanía Xeral da Zona Marítima do Cantábrico. O seu exterior austero, esconde un interior suntuoso con grandes salóns alfombrados.
![]()
Barrio da Magdalena
A pesar do seu nome pode dicirse que é o centro de Ferrol, xa que aquí se atopa o Concello e os principais comercios así como unha gran cantidade de locais de hostalaría. Semipeonil, foi declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1983.
![]()
Patrimonio da Humanidade
Ferrol presentou no 2018 a candidatura “Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración” á Xunta de Galicia, para o seu posterior traslado ao Ministerio de Cultura.