ÁREAS RECREATIVAS

DONIÑOS

É un lugar estupendo para pasar o día, aínda que non sexa verán e se a temperatura acompaña, no acceso máis ao norte da Praia de Doniños.

Equipamento: mesas, parque infantil e unha pasarela de madeira con carril bici contiguo, de terra,  paralelo á praia.

Nas proximidades da praia, na estrada atopamos bares-restaurantes.

CARANZA

É unha zona perfecta para que os nenos xoguen, merendar e pasar a tarde contemplando a ría de Ferrol desde o barrio de Caranza.
Equipamento: mesas e bancos de madeira e zona de randeeiras. Carril bici desde o centro de Ferrol. Servizo de bus urbano.

AS CABAZAS

A área recreativa é un lugar ideal para ir de excusión ou gozar do sol en San Xoán de Covas, a poucos quilómetros de Ferrol nun contorno rural.
Equipamento: dotada de bancos e mesas, fontes, grelladas, papeleiras e a uns 100 m hai  un cámping.

A CABANA

Para chegar hai que tomar a estrada da Malata e logo a que se dirixe cara a San Filipe.
Equipamento: bancos e mesas para comer, zonas de sol e sombra, parque infantil, cancha deportiva con portarías e canastras. Locais de hostalaría na zona.

A MALATA

Na zona da Malata, xunto a instalacións deportivas municipais (baloncesto, fútbol, piscina…)
Equipamento: bancos e mesas onde merendar. Carril-bici nas inmediacións.

COMPÁRTEO

This post is also available in: English Spanish

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies