NAVANTIA
O actual estaleiro de Navantia é herdeiro dunhas instalacións que se remontan ao s. XVIII cando se crearon os arsenais militares da cidade, para construír e reparar os navíos da Armada Española.
Hoxe en día Navantia é referente a nivel mundial no deseño e construción de buques militares equipados coa mellor tecnoloxía, así como na reparación e modernización de buques mercantes e militares.
Navantia conta cunha exposición permanente na que atopamos unha colección de fotografías históricas da actividade dos estaleiros desde principios do s. XX ata a actualidade, fotografías aéreas da ría de Ferrol e variados elementos dos bombeiros do estaleiro, material de oficina (antigas máquinas de escribir, teléfonos e computadores), ferramentas e pezas construídas polos aprendices…