APPS

DESCUBRE XOGANDO O FERROL DA ILUSTRACIÓN

Coñece Ferrol de maneira diferente e divertida. Viaxa no tempo desde os nosos días ao Ferrol da Ilustración do s. XVIII. Só tes que descargar de Google Play ou do Apple Store a app gratuíta Ferrol da Ilustración e poderás xogar e gañar premios no acto. Ademais, compartir o que máis che gusta cos teus amigos en redes sociais.

Grazas a este xogo, que contén personaxes e datos reais, descubrirás a historia de Ferrol, ligada ao mar, á construción naval e á coroa de España.

Descarga a app aquí!

    

Termos e condicións de uso

TERMOS E CONDICIÓNS DA APLICACIÓN VISIT FERROL

 

Estes termos e condicións regulan o acceso e reutilización da aplicación móbil VISIT FERROL (en adiante, a aplicación), que a Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA pon a disposición dos usuarios de forma gratuíta.

O acceso á aplicación supón que o usuario recoñece, acepta e consinte sen reservas as presentes condicións de uso.

 

1. Obxecto

O obxecto da aplicación é poñer a disposición dos usuarios información sobre Ferrol, o seu entorno, a natureza, o patrimonio de interese cultural, as actividades de lecer, culturais e deportivas. Tamén información gastronómica e hostaleira así como calquera outra información turística de interese para os visitantes e demais usuarios da aplicación.

Pode beneficiarse deste servizo é o sector turístico da cidade, entre eles os hostaleiros, as empresas de restauración, de xestión de actividades de lecer, cultura e deportes e o comercio en xeral. No deseño e desenvolvemento da aplicación interviñeron profesionais especialistas, empresas dos distintos sectores beneficiarios, así como un grupo de usuarios que participaron no período de proba.

Con esta aplicación, ponse a disposición dos usuarios en xeral información de interese para o seu uso persoal, á que pode acceder coa súa instalación desde Google Play para os dispositivos que funcionen con sistema operativo Android e desde App Store para os dispositivos que funcionan con sistema operativo iOS.

 

2. Dereitos de propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre a aplicación son titularidade da Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA que lle corresponde o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación dos mesmos en calquera das súas formas e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación.

Os terceiros titulares dos dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre fotografías, logotipos e calquera outro símbolo ou contido incluído na aplicación concederon as correspondentes autorizacións para a súa reprodución, distribución e posta a disposición do público. 

O usuario recoñece que a reprodución, modificación, distribución, comercialización, descompilación, desensamblado, utilización de técnicas de enxeñaría inversa ou de calquera outro medio de obter o código fonte, transformación ou publicación de calquera resultado de probas de referencias non autorizadas de calquera dos elementos e utilidades integradas dentro do desenvolvemento constitúen unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual da Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA, obrigándose, en consecuencia, a non realizar ningunha das accións mencionadas.

 

3. Política de privacidade

A aplicación empregará Google Analytics como ferramenta para coñecer o uso e tendencias de interacción da mesma. A Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA poderá empregar a información persoal que nos facilite de forma disociada (sen identidade persoal) para fins internos, tales como a elaboración de estatísticas.

Google Analytics réxese polas condicións xerais de Google, accesibles en https://www.google.com/analytics/terms/ e as políticas de privacidade de Google accesibles en https://policies.google.com/privacy?hl=gl&gl=es. Para proceder á desactivación de Google Analytics: https://support.google.com/analytics/answer/1009696?hl=es.

De conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/697, do 27 de abril de 2016, RGPD, infórmase que os datos de carácter persoal proporcionados mediante a aceptación destes termos e condicións formarán parte dun ficheiro responsabilidade da Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA e que estes serán tratados coa finalidade descrita no apartado 1 (Obxecto) deste documento e serán conservados mentres dure a relación contractual obxecto do uso da aplicación, co obxectivo único de facilitar a introdución de melloras en futuras versións da aplicación. Tamén poderá realizarse o tratamento da información das instalacións e accesos dos usuarios, datos demográficos, pantallas, interaccións, bloqueos e excepcións. Así mesmo, infórmase que se poderá retirar o consentimento en calquera momento e exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, portabilidade, limitación e oposición dirixíndose ao enderezo de Turismo de Ferrol na praza de Armas s/n, 15402 Ferrol (A Coruña) ou por correo electrónico a ferrolturismo@ferrol.es. Tamén poderá presentar unha reclamación ante a autoridade de control (https://www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta a normativa vixente.

 

4. Exclusión de responsabilidade

A Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA resérvase o dereito de editar, actualizar, modificar, suspender, eliminar ou rematar cos servizos ofrecidos pola aplicación, incluíndo todo ou parte do seu contido, sen necesidade de aviso previo, así como de modificar a maneira ou o tipo de acceso a esta.

As posibles causas de modificación poden ter lugar por motivos tales como a súa adaptación ás novidades lexislativas e aos cambios na propia aplicación, así como as que podan derivar dos códigos tipos existentes na materia ou por motivos estratéxicos ou corporativos.

A aplicación préstase tal e como está e sen ningunha clase de garantía. A Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA non se fai responsable da calidade da aplicación nin de que esta sirva e cumpra con todos os obxectivos da mesma. Non obstante, a Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA comprométese, na medida das súas posibilidades, a contribuír na mellora da calidade da aplicación pero non pode garantir a precisión nin a actualidade do contido da mesma.

A responsabilidade de uso da aplicación corresponde só ao usuario. Salvo o establecido nestes termos e condicións, a Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA non se fai responsable de ningunha perda ou dano que se produza en relación coa descarga ou co uso da aplicación, como os producidos como consecuencia de erros, avarías ou bloqueos no funcionamento da aplicación (por exemplo, e sen carácter limitativo, erro nas liñas de comunicación, defecto de hardware ou software na aplicación ou erro na Rede). Igualmente, a Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA tampouco será responsable dos danos producidos como consecuencia do seu uso indebido ou inadecuado.

 

5. Lexislación e foro

O usuario acepta que a lexislación aplicable e os xulgados e tribunais competentes para coñecer as diverxencias da interpretación ou aplicación deste clausurado son os españois e se somete, con renuncia expresa a calquera outro foro, ós xulgados e tribunais máis próximos á cidade de Ferrol.

 

ARFERROL

TERMOS E CONDICIÓNS DA APLICACIÓN ARFERROL

Estes termos e condicións regulan a descarga, o acceso e a utilización da aplicación móbil ARFerrol (en adiante, a aplicación), que a Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA pon a disposición dos usuarios.

Esta versión da aplicación está dispoñible de forma gratuíta e o acceso supón que o usuario recoñece, acepta e consinte sen reservas as presentes condicións de uso.

 

1. Obxecto

A aplicación é unha ferramenta encamiñada a ofrecer aos usuarios unha mellor experiencia, xa que permite ver, nos seus dispositivos móbiles, animacións en realidade aumentada das Meninas de Canido. Poderase beneficiar desta ferramenta se dispón dun teléfono móbil Android con versión 6.0 (ou superior) e cámara frontal. Está pendente a publicación en iOS.

A Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA pon a disposición dos usuarios a aplicación ARFerrol para o seu uso persoal, nunca empresarial, por iso non poderá usarse como medio de explotación comercial, sen autorización ou acordo previo coa titular da mesma.

 

2. Dereitos de propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre a aplicación son titularidade da Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA, que lle corresponde o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación dos mesmos en calquera das súas formas e, en especial, os dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación.

Os terceiros titulares dos dereitos de propiedade intelectual e industrial sobre fotografías, logotipos e calquera outro símbolo ou contido incluído en ARFerrol concederon as correspondentes autorizacións para a súa reprodución, distribución e posta a disposición do público.

O usuario recoñece que a reprodución, modificación, distribución, comercialización, descompilación, desensamblado, utilización de técnicas de enxeñaría inversa ou de calquera outro medio de obter o código fonte, transformación ou publicación de calquera resultado de probas de referencias non autorizadas de calquera dos elementos e utilidades integradas dentro do desenvolvemento constitúen unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual da Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA, obrigándose, en consecuencia, a non realizar ningunha das accións mencionadas.

 

3. Política de privacidade

ARFerrol empregará Google Analytics como ferramenta para coñecer o uso e tendencias de interacción da mesma. A Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA poderá empregar a información persoal que nos facilite de forma disociada (den identidade persoal) para fins internos, tales como a elaboración de estatísticas.

Google Analytics réxese polas condicións xerais de Google, accesibles en https://www.google.com/analytics/terms/ e as políticas de privacidade de Google accesibles en https://policies.google.com/privacy?hl=gl&gl=es. Para proceder á desactivación de Google Analytics: https://support.google.com/analytics/answer/1009696?hl=es.

ARFerrol poderá obter, almacenar ou acumular determinada información de carácter non persoal referente ao seu uso. Ademais, a Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA expresamente infórmalle de que non recolle datos de carácter persoal dos usuarios, nin de carácter identificativo nin de xeolocalización, por isto, infórmalle de que o único responsable do tratamento dos datos corresponde ás tendas desde as que o usuario tivera accedido y, por tanto, deberá configurar, de acordo ás políticas destes terceiros, que deben de cumprir co disposto no Regulamento (UE) 2016/697 do 27 de abril de 2016, RGPD. Para calquera información adicional, pode dirixirse á Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA con enderezo na praza de Armas s/n, 15402 Ferrol (A Coruña) ou por correo electrónico a ferrolturismo@ferrol.es. Tamén poderá presentar unha reclamación ante a autoridade de control (https://www.aepd.es) se considera que o tratamento non se axusta a normativa vixente.

 

4. Exclusión de responsabilidade

A Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA resérvase o dereito de editar, actualizar, modificar, suspender, eliminar ou rematar cos servizos ofrecidos pola aplicación, incluíndo todo ou parte do seu contido, sen necesidade de aviso previo, así como de modificar a maneira ou o tipo de acceso a esta.

 As posibles causas de modificación poden ter lugar por motivos tales como a súa adaptación ás novidades lexislativas e aos cambios na propia aplicación, así como as que podan derivar dos códigos tipos existentes na materia ou por motivos estratéxicos ou corporativos.

 A aplicación préstase tal e como está e sen ningunha clase de garantía. A Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA non se fai responsable da calidade da aplicación nin de que esta sirva e cumpra con todos os obxectivos da mesma. Non obstante, a Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA comprométese, na medida das súas posibilidades, a contribuír na mellora da calidade da aplicación pero non pode garantir a precisión nin a actualidade do contido da mesma.

 A responsabilidade de uso da aplicación corresponde só ao usuario. Salvo o establecido nestes termos e condicións, a Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA non se fai responsable de ningunha perda ou dano que se produza en relación coa descarga ou co uso da aplicación, como os producidos como consecuencia de erros, avarías ou bloqueos no funcionamento da aplicación( por exemplo, e sen carácter limitativo, erro nas liñas de comunicación, defecto de hardware ou software na aplicación ou erro na Rede). Igualmente, a Sociedade mixta de turismo de Ferrol SA tampouco será responsable dos danos producidos como consecuencia do seu uso indebido ou inadecuado.

 

5. Lexislación e foro

O usuario acepta que a lexislación aplicable e os xulgados e tribunais competentes para coñecer as diverxencias da interpretación ou aplicación deste clausurado son os españois e se somete, con renuncia expresa a calquera outro foro, ós xulgados e tribunais máis próximos á cidade de Ferrol.

 

APP SEMANA SANTA FERROL

Acceso á APP da Xunta Xeral de Cofradias e Irmandades.

    

COMPÁRTEO

This post is also available in: English Spanish

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies