Irmandiños s/n
Tel: 981 33 60 00

Visita guiada peonil de 2 horas, con guía oficial de turismo especializada, ás 11:00 h, os domingos do 15 de xullo ao 31 de agosto e mércores, venres e domingos do 1 ao 18 de setembro. Reserva previa imprescindible.

Punto de inicio: oficina de turismo no Porto de Ferrol.

Prezo polo servizo do guía turístico: 10€ (menores de 10 anos gratis)

COMPÁRTELO

ARSENAL MILITAR

Baixo a dirección de diversos arquitectos e enxeñeiros militares constrúese no s. XVIII o Arsenal de Ferrol, que se converte nunha das empresas máis difíciles da España da Ilustración e que vinculará a cidade desde entón cos vaivéns da construción naval e as complexas decisións do Estado.

Polas súas funcións militar e industrial, o Arsenal divídese en dous: o Arsenal do Parque, parte occidental,  e  o Arsenal dos Diques, ambos con senllas portas monumentais.  No interior do recinto destacan: a Sala de Armas,pechada polo norte polo Cuartel de Instrución; o Dique da Campá (s. XIX) que foi un dos diques máis grandes do mundo na súa época; o Edificio de Herrerías que acolle o Museo da Construcción Naval; o Museo Naval  e a Biblioteca da Zona Marítima do Cantábrico, instalados no antigo cárcere de San Carpio.

O Arsenal está declarado Ben de Interese Cultural.

COMPÁRTELO

This post is also available in: English Spanish

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies