

RUTA DE LAS MENINAS DE CANIDO

As Meninas de Canido convertéronse nun referente turístico de interese nacional e agora podes formar parte dunha divertida acción educativa cando acudas ao barrio a coñecelas.
Ademáis dunha visita guiada a cargo do artista Eduardo Hermida, autor e creador da iniciativa, ofrécese a posibilidade (con custe adicional) de realizar un obradoiro pictórico dunha peza que chegará a sumarse aos máis de 450 murais que enchen este barrio de Ferrol.
A intervención conxunta de visita e obradoiro durará dúas horas e será personalizada para conseguir que chegue a ser unha parte do conxunto artístico tan orixinal que conforman As Meninas de Canido.
Tamén podes escoller unha opción máis básica como é realizar soamente a visita guiada, nese caso a duración sería de 1 hora e 30 minutos.
A actividade terá lugar os domingos de cada mes, en 2 quendas: ás 10.00 e ás 12.00
O punto de comezo é na praza do Cruceiro de Canido, en Ferrol
Prezo: 15€ por persoa.
Inclúe:.
- Visita guiada de 1 hora e media de duración
- Obradoiro pictórico (suplemento 12€/pax – opcional)
- Mínimo 4 participantes
- Obrigatorio empregar máscara



