FERROL CON NIÑOS

O municipio de Ferrol reúne unha serie de requisitos que o converte nun destino ideal para viaxar con nenos.

Ferrol é unha cidade tranquila, fácil de pasear, con zonas verdes, prazas e parques infantís e que ofrece unha chea de visitas culturais entretidas, un permanente programa de actividades gratuítas enfocadas aos nenos e a ruta de arte urbana coñecida como “a ruta das Meninas”, que entusiasma a nenos e maiores polo seu gran colorido e diversidade

Unha vez visitada a cidade de Ferrol e se o tempo acompaña, é boa idea achegarse a coñecer as nosas marabillosas praias de fina area branca, para xogar, practicar deporte ou aprender surf, pois estamos na Costa das Ondas (ondas en castelán), paraíso do surf, con gran número de escolas desta disciplina deportiva.

Outra boa idea é practicar algo de sendeirismo ou bicicleta bordeando o litoral de Ferrol, declarado Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) polos seus valores paisaxísticos e ambientais.

MUSEO NAVAL

Irmandiños s/n. Edificio de Herrerías

No Museo Naval os nenos (e os seus pais) contemplarán maquetas de barcos de guerra antigos, material de navegación, mapas e información de todos os buques construídos en Ferrol de 1751 a 1984.

Horario: de martes a venres (luns pechado) de 9:30 a 13:30 h.; sábados, domingos e festivos, de 10:30 a 13:30 h.

Entrada gratuíta. Ofrece visitas guiadas gratuítas para grupos.

VER MÁS

MUSEO DA CONSTRUCCION NAVAL (EXPONAV)

Irmandiños s/n Edificio de Herrerías

A Exposición Nacional da Construción Naval sitúase nunha nave industrial do s.XVIII, no edificio de Herrerías. É probablemente o maior museo de Europa dedicado á construción naval.

Por que flotan os barcos? Cales son as técnicas construtivas de barcos máis actuais? Estas e outras moitas preguntas teñen a súa resposta neste museo, cuxa visita supón unha experiencia única.

Horario: de martes a domingo de 10:00 a 20:00h.

Prezos: adulto 2€; nenos/novos (ata 16 anos) gratis; maiores de 60: 1€.

VER MÁS

MUSEO DE HISTORIA NATURAL

Casa do Coronel. Praza de Canido s/n
Horario: Xullo e agosto, de 10:00 a 14:00 h. todos os días.

Setembro, de luns a sábado de 9:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30. Domingos e festivos de 10:00 a 14:00 h.

Conta cunha interesante colección de fósiles e restos de animais como o esqueleto dunha balea, unha lura xigante, fósiles, plantas e minerais da zona.

Entrada gratuíta. Avisando con antelación fan visita guiada gratuíta.

VER MÁS

RUTAS DAS MENINAS DE CANIDO

Canido s/n

Esta ruta espertará o espírito artístico dos pequenos. A ruta ten a súa orixe nun proxecto artístico e reinvindicativo iniciado polo pintor local Eduardo Hermida no ano 2008 para denunciar o estado de abandono do barrio de Canido. Hoxe en día Canido converteuse nun barrio bohemio, cheo de vida, no que se instalaron artistas, profesionais independente, abriron novos negocios e, polas súas rúas, os visitantes non deixan de asombrarse coas máis de 300 Meninas existentes na actualidade.

A UNESCO, pola súa banda, incluíu ao proxecto de street-art de Meninas como “Itinerario Cultural dentro de Galicia”.

VER MÁS

AQUACIENCIA

Parque Raíña Sofía s/n

Horario de martes a sábado: todo o ano de 10:00 a 14:00 h. e de 16:30 a 20:00 h

Visitas guiadas gratuítas reservando con antelación.

Xardín Didáctico sobre a auga, xestionado polo Concello de Ferrol. Situado no recentemente remodelado Parque Raíña Sofía, é un espazo para aprender e xogar coa auga.

Aquí atopámonos com un xardín cheo de paneis explicativos e variados dispositivos para que nenos e non tan nenos coñezan os usos e propiedades da auga.

VER MÁS

AULA DE ECOLOGÍA URBANA

Irmandiños s/n

Horario de martes a domingo:

De abril a setembro de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h.

De outubro a marzo de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 18:00 h.

Na aula explícase a cidade como fenómeno histórico, o tratamento dos residuos urbanos e outros aspectos da xestión. Este recinto programa diversas actividades e talleres ao longo de todo o ano. Entrada gratuíta.

VER MÁS

CASTILLO DE SAN FELIPE

San Felipe s/n
Horario: de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.

Entrada gratuíta.

Magnífico exemplo de arquitectura militar do s. XVIII, de gran importancia estratéxica ao situarse moi preto da zona máis angosta da ría de Ferrol, co obxecto de asegurar o seu defensa.

Fronte a el, en Mugardos, atópase o Castelo da Palma.

VER MÁS

COMPÁRTEO

This post is also available in: English Spanish

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.>

ACEPTAR
Aviso de cookies