CAMINO INGLES A SANTIAGO DE COMPOSTELA

Máis información en www.xacobeo.es

Transporte da túa mochila no Camiño Inglés

Esta ruta marítima seguírona os escandinavos, centroeuropeos e peregrinos das Illas Británicas na Idade Media, a partir do s. XII, chegando aos portos de Ferrol ou A Coruña (e en menor medida a Ribadeo e Viveiro). O seu nome debeuse a que o maior número de peregrinos proviñan das Illas Británicas.

A primeira peregrinación que nos consta foi en 1147, coa chegada de cruzados que se dirixían a Terra Santa e tomaron parte na conquista de Lisboa fronte aos árabes.

En total son uns 120 kms. de percorrido que cada ano realizan miles de peregrinos de todas as nacionalidades, especialmente na primavera e outono.

Nas oficinas municipais de Turismo de Ferrol véndense credenciais do Camiño aos peregrinos.

En Ferrol, o Camiño Inglés discorre por dous tramos diferentes:

-O primeiro discorre pola zona histórica da cidade: zona antiga ou Ferrol Lanuxe, zona céntrica do barrio da Madalena e antigo barrio de Esteiro.

-O segundo tramo desenvólvese pola expansión urbana da cidade, en torno ao barrio de Caranza, así como a comunicación co polígono empresarial da Gándara.


A ruta non presenta dificultades para o peregrino, tan só cabe mencionar a saída da cidade cara ao polígono da Gándara, que presenta un carácter menos urbano. Neste último tramo, o percorrido dispón de beirarrúas en todo momento pero carece de pasos de peóns nas ligazóns.

Visita teatralizada do Camiño Inglés todos os venres de xullo, agosto e setembro, ás 17:00 h (duración 1 hora e media)

Coñece mellor a historia dos peregrinos que desde o norte de Europa recalaban en Ferrol e dirixíanse ata a tumba do Apóstolo e tamén a vida na Idade Media das xentes locais, así como as lendas, mitos e a conexión cos celtas.

Durante o percorrido, descubriremos as duras condicións que tiñan que afrontar os camiñantes, a cultura que chegou ás nosas terras por medio da ruta ou como era a vida dos monxes, artesáns e persoas que vivían en distintas condicións no Camiño.

 

Organiza Secret Galicia, tel 661275545. Prezo: 10 €/persoa (mínimo 5 persoas).

COMPÁRTEO

This post is also available in: English Spanish

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.>

ACEPTAR
Aviso de cookies