Pola mañá
- Visita dun dos museos navais de Ferrol: Museo da Construción Naval (Exponav) ou o Museo Naval
- Barrio da Magdalena, declarado Conxunto Histórico-artístico con trazado racionalista da época do Ferrol da Ilustración (incluído na candidatura de Ferrol a Patrimonio da Humanidade). Orixe das típicas casas galegas con galerías, aquí atópanse tamén a maior parte dos edificios da ruta do Modernismo e é zona comercial.
- Miradoiro dos Xardíns de Herrera. Nesta contorna poderemos coñecer a Igrexa de San Francisco, o Palacio de Capitanía de Mariña e gozar dunha panorámica do Arsenal Militar, Ben de Interese Cultural
- Porto de Curuxeiras. Comezo do Camiño Inglés na cidade de Ferrol e tamén do camiño a Santo Andrés de Teixido. Bo lugar para pasear e tapear, gozando das terrazas. Outra opción moi próxima é a rúa de San Francisco, onde se localizan algúns restaurantes de calidade, ou ben o propio Parador de Ferrol, xunto aos Xardíns de Herrera. Non hai que deixar o porto sen visitar o Baluarte de San Juan , para contemplar a ría e o porto. A merecida fama da gastronomía de Ferrol e de toda Galicia fai que as compras gastronómicas sexan imprescindibles. Aquí dámosche algunhas suxestións: https://visitferrol.com/ferrol-en-un-dia/?lang=gl
Pola tarde
- Castelo de San Filipe (necesario vehículo privado), declarado Ben de Interese Cultural, constituía a defensa por mar da ría xunto ao Castelo da Palma, situado enfronte, e outro castelo que está agora en ruínas. Para acceder ao castelo bordearemos a ría pasando polos singulares barrios da Graña e San Filipe
- Praia de Doniños (necesario vehículo privado ou ben facer unha das Rutas en Taxi) Ampla, de area branca e fina, conta con Bandeira Azul e é unha das preferidas polos amantes do surf. É unha contorna protexida onde destacan tanto os areais de Penencia e Outeiro como a Lagoa de Doniños.
- Coñecer máis praias do litoral de Ferrol, paisaxe protexida da Costa Ártabra, como San Xurxo, Esmelle ou as máis salvaxes de Santa Comba ou Ponzos
- Ruta das Meninas de Canido. De volta a Ferrol cidade, visitamos Canido, onde o proxecto de “As Meninas” encheu de arte as súas rúas, ao converter este lugar nun auténtico museo ao aire libre e referente a nivel nacional e internacional de street-art, Itinerario Cultural Europeo.