Castillo de San Felipe

Horario visitas por libre:

Abre todos os días do ano (incluíndo festivos) de 10h a 14h e de 16h a 20h.

VISITAS CON GUÍA OFICIAL

Precio: 10€ por persoa. (Menores de 10 anos gratis). Inclúe:

  • Visitas con guía oficial de turismo os xoves e sábados desde o 13 de xullo ata o 18 de setembro, ás 18:00 h. Punto de inicio: entrada do Castelo de San Felipe.
  • Reserva previa imprescindible.
  • Esta actividade dura unha hora e media.
  • Esta visita non é accesible.
  • Imprescindible presentar DNI/Pasaporte para acceder
Nota: Os sábados 6, 13 e 20 de agosto a visita será teatralizada

COMPÁRTEO

CASTELO DE SAN FILIPE

Trátase da construción militar máis importante de Ferrol. Situado enfronte do Castelo da Palma (en Mugardos) e do desaparecido castelo de San Martiño, as tres fortificacións converteron a Ría de Ferrol en inexpugnable, nun “triángulo de lume” que ningunha potencia inimiga de España se atreveu a atacar. Pola noite, os castelos de San Filipe e A Palma estaban unidos por unha cadea, impedindo así o paso de buques inimigos. Atribúese ao almirante Pitt, a frase de que se Gran Bretaña tivese unha ría como esta, cos seus castelos, protexeríaa cunha muralla de prata.

No ano 1557 comeza a construción do castelo, auspiciada por Filipe II, do que toma o seu nome. Con todo, o edificio que hoxe conservamos é do XVIII, momento no que foi remodelado. As obras maiores do castelo foron rematadas, finalmente, en 1775. No século XVIII San Filipe é considerado como exemplo de “batería abaluartada”.

Este deseño dispuña por unha banda, dunha zona de baterías de canóns dirixidos ao mar, e por outra banda, contaba cun sistema de baluartes -ou muros saíntes- cubrindo os flancos das cortinas (os muros frontais).Estes baluartes servían para rexeitar tamén os ataques por terra.

San Filipe, en constante proceso de restauración, soprende aos visitantes tanto polo seu esquema construtivo como polas fermosas vistas da ría que se obteñen desde a súa localización.

DESCARGAR FOLLETO

Folleto Castillo San Felipe

COMPÁRTEO

This post is also available in: English Spanish

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies