ferrol secreto

VISITA FERROL SECRETO

Unha visita peonil polo centro histórico na que ademais de coñecer a historia da cidade desde a súa orixe ata o presente descubriremos curiosidades sobre o noso rueiro, comercios tradicionais, a fala ferrolá, personaxes históricos, anécdotas divertidas… Todo coa idea de gozar de Ferrol e redescubrilo, tanto para os de aquí como para calquera que nos visite e queira saber máis sobre nós.

Aspectos destacados da actividade

Esta actividade realízase ao aire libre, camiñando e ten unha duración de dúas horas. Non se accede a interiores.
A guía nestas visitas é unha guía especializada da Xunta de Galicia e realizou a formación para guías de turismo sobre COVID19 da Xunta. Durante a visita a guía usa máscara, ten xel hidroalcohólico ao dispor dos clientes e leva megafonía para poder manter a distancia social e que se escoiten ben as explicacións.

Itinerario

Visita peonil polo centro histórico (Ferrol Vello e Barrio da Madalena) seguindo a 1ª Milla do Camiño Inglés e debullando a historia, anécdotas e curiosidades desta cidade. A visita básica,imprescindible para coñecer Ferrol.

Visita guiada por guía de turismo especializada da Xunta, de 2 horas de duración.
Días: Martes, xoves e sábados do 15 de xullo ao 10 de setembro. Tamén os domingos 16 e 23 de xullo e o 13 de agosto.
Aforo: Mínimo 6 persoas, máximo 35 persoas.
Hora: 11 h
Custo: 10€ por persoa, menores de 10 anos gratis

Reserva previa imprescindible a través da web https://ferrolguias.com/ o en info@ferrolguias.com

COMPÁRTEO

This post is also available in: English Spanish

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies