BALUARTE DE SAN XOÁN
Situado en Ferrol Vello, é xunto cos do Rei e Canido e coa Porta de Fontelonga, un dos restos máis importantes da muralla de Ferrol do s. XVIII.
Dende a súa altura pódese contemplar unha magnífica prespectiva do porto de Curuxeiras, quilómetro cero do Camiño Inglés a Santiago de Compostela , da ría de Ferrol e da batería da Cortina do Arsenal militar, un grandioso exemplo do que se entendía por liña defensiva militar no s. XVIII