SEMANA SANTA

Fecha: Marzo/abril (variable)
www.semanasantaferrol.org

A Semana Santa de Ferrol hai que vivila, sentila e vela porque é espectacular. É unha das Semanas Santas máis importantes do norte peninsular e a máis importante de Galicia.

Remóntase ao século XVIII e ten auténticos tesouros da imaxinaría relixiosa. Conta cunha gran tradición en Ferrol e é data de máxima afluencia turística, xa que estamos ante unha Festa Declarada de Interese Turístico Internacional desde 2014.

O cinco confrarías existentes organizan 24 procesións en 9 días e nelas participan uns 3000 confrades. Coñecer as procesións da Semana Santa de Ferrol, xunto con outros puntos de interese cultural de Ferrol e o enclave natural onde nos atopamos, será unha experiencia inesquecible e perfecta para unhas vacacións nesta época.

Desde a Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol organízase un completo programa de actividades culturais e de turismo activo para dar satisfacción a todos os gustos e idades (consultar nas oficinas de turismo).

COMPÁRTEO

This post is also available in: English Spanish

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies