Percorrer as rúas de Ferrol ofrécelle a habitantes e visitantes a posibilidade de coñecer o Modernismo, un movemento artístico e urbanístico do que se conservan na cidade numerosos edificios, e do que é referente o que foi arquitecto municipal nos primeiros 40 anos do século XX, Rodolfo Ucha Piñeiro.
A través das principais rúas ferrolás achegarémonos a 28 edificios que levan a sinatura de Ucha e que nos permiten coñecer o estilo modernista galego e a súa evolución cara ao Novo Eclecticismo
No noso camiño atoparemos 17 inmobles edificados entre 1909 e 1916 que representan o estilo modernista e, á par deles, 11 construcións de corte máis sobrio pero monumental que definen a corrente neoeclecticista que Ucha desenvolveu entre 1918 e 1927.
ROTEIRO MODERNISTA TEATRALIZADO
Visita guiada por guía de turismo especializada da Xunta.
- Días: Mércores e venres do 15 de xullo ao 21 de agosto ás 11:00 h. e martes e venres do 1 ao 18 de setembro ás 18:00 h.
- Duración: 2 horas
- Punto de inicio: soportais do Teatro Jofre (Praza de Galicia)
- Custo: 10€ por persoa, menores de 10 anos gratis
- Reserva previa imprescindible.