Tanto a ruta Ferrol en feminino como a de Ferrol do mar e a muller teñen por obxecto descubrir a historia da cidade de Ferrol a través dos ollos e as voces das súas personaxes femininas, como Concepción Arenal, a Raíña Mariana de Neoburgo e a oceanógrafa Angeles Alvariño.
Máis información e reservas en FERTUR Guías Turísticos no teléfono 696 531 070.
FERROL EN FEMININO
Visita recomendada para grupos e colexios
A visita, guiada, inclúe 7 enclaves:
1. Porto de Curuxeiras con mención á Raíña Mariana de Neoburgo e o labor das modistas locais ademais das cargadoras e carboeiras do porto, incluíndo Mela “A Carboeira”.
2. Rúa San Francisco e parada en Xardíns de Herrera (monolito de Churruca) con mención ás augadoras e lavandeiras.
3. Rúa Magdalena parando en Real Coro Toxos e Froles e no n.º 181 (explicando a vivencia de Aurora Rodríguez e Hildegart)
4. Praza de Galicia e parada para explicar a historia das mulleres no Arsenal tanto na construción do Dique da Campá como na defensa dos dereitos dos traballadores coa historia de Antonia Alarcón.
5. Alameda e Praza da Constitución, onde se explica sobre as amas de cría, aias e a historia da soada oceanógrafa Angeles Alvariño en relación co instituto Concepción Arenal. Aquí explicase tamén a extraordinaria vida desta muller ferrolá, primeira feminista de España, e a historia de Amalia Fraguela.
6. Rúa da Terra e rúa Dolores, onde se falará das costureiras e a súa función na vida social da muller.
7. Rúa Concepción Arenal e última parada no antigo Hospital de Caridade -actual Centro Torrente Ballester- para facer énfase nas mulleres que axudaron a soster e dar vida e saúde aos demais, incluíndo as amas de cría e as mulleres que atendían enfermos de forma altruísta. Ademais explícase o tráxico final de Amada García que pasou por este Hospital.