• Restos de Fontelonga

Rúa Avenida Mac – Mahón

T: 981 369568

Visita con guía oficial de turismo os mércores do 13 de xullo ao 18 de setembro, ás 18:00h.

Visita de hora e media percorrendo exteriores e interiores.

Punto de encontro: entrada do Cuartel de Dolores.

Prezo polo servizo de guía: 10€ (menores de 10 anos gratis)

Nota: a visita farase con máscara en interiores se así nolo require a Armada. Reserva previa imprescindible.

COMPÁRTEO

CUARTEL DE DOLORES

Declarado Ben de Interese Cultural, foi deseñado por Sánchez Bort e ten a honra de ser o cuartel máis antigo de España. Constitúe unha das obras máis singulares da arquitectura militar do s. XVIII, cunha perfecta simetría e un magnífico patio de armas porticado nas súas dúas primeiras plantas.

No seu parte posterior conserva os restos de Fontelonga, a única das portas que se abrían nas murallas que protexían a cidade no s. XVIII e conducía a un antigo peirao hoxe desaparecido. Destaca a súa garita de garda e un arco que serve de contraforte.

Notas:

  • Área de Fontelonga, acceso libre, sen necesidade de guía.
  • Horarios:laborais de 16:00 a 18:00 h. Sábados e domingos de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00 h
  • Por tratarse dunha instalación militar en uso é preciso identificarse mediante DNI ou pasaporte.
  • Para o acceso de grupos con guía, contactar con antelación no e-mail ternor_secretaria@fn.mde.es

COMPÁRTEO

This post is also available in: English Spanish

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies