A Feira medieval celebrarase este ano no Porto de Curuxeiras do 4 ao 7 de agosto.
A feira conta con máis de 100 postos, entre artesanía e gastronomía. O público poderá gozar tamén dun amplo abano de espectáculos e actividades para todos os públicos: talleres, títeres para os máis pequenos, música en directo, pasarrúas, etc.
Para garantir a mobilidade e evitar problemas de estacionamento, poñemos a disposición do público un servizo gratuíto de bus lanzadeira dende Fimo, con parada no porto e na praza de Galicia.
Horario de apertura da feira (poden variar en función do clima e da afluencia de público):
Venres 4: de 11:00 a 14:00. e de 19:00 a 23:00 (bus desde as 12:00)
Sábado 5: de 11:00 a 14:00. e de 19:00 a 23:00 (bus desde as 12:00)
Domingo 6: de 11:00 a 14:00. e de 19:00 a 23:00 (bus desde as 12:00)
Luns 7: de 11:30 a 14:00. e de 19:00 a 22:00 (bus desde as 12:00)
En horario continuado talleres de esparto, de elaboración de pan e chocolate, con demostracións; campamento medieval, exposicións de oficios antigos e atraccións (camas elásticas, tío vivo…) no parque.