CAMIÑO A SAN ANDRÉS DE TEIXIDO

Lonxitude: 50 kms. Pódese facer a pé, a cabalo ou en bicicleta.

Santo André de Teixido é un dos santuarios máis venerados de Galicia onde, como reza o dito, “vai de morto quen non foi de vivo”. Se queredes cumprir coa tradición, depositade unha pedra nos “milladoiros” (pequenos montóns de pedras) do camiño, pero se o que queredes é buscar parella, facédevos coa  herba de namorar.

Este camiño comeza en Ferrol no porto de Curuxerias e, máis ao norte, desde a ermida de Santa Comba. Unha vez no porto, a ruta segue o mesmo trazado que o Camiño Inglés ata chegar ao mosteiro de San Martiño de Xuvia (O Couto), no municipio de Narón. Desde alí, e atravesando terras de Valdoviño, os peregrinos percorren un total de 42 quilómetros ata chegar á meta: o santuario de Santo André de Teixido, en Cedeira.

Etapas recomendadas:

  • Etapa 1: Curuxeiras-Pazo Libunca: 13, 5 km
  • Etapa 2: Pazo Libunca-Porto do Cabo: 21,5 km
  • Etapa 3: Porto do Cabo-San Andrés de Teixido: 16 km

COMPÁRTEO

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies