Viviendas De Uso Turistico Ferrol

VIVIENDAS DE USO TURÍSTICO

Mar e Montaña

Esrtada de Cobas, km. 5 nº 50 Mandía (Ferrol)
Tel: +34 672052995

Mar e Montaña atópase en Ferrol e ofrece vistas ás montañas e WiFi gratuíta. Ademais, hai aparcadoiro privado gratuíto.

Os aloxamentos contan con balcón, TV de pantalla plana, calefacción e baño privado con bañeira ou ducha. Artigos de aseo, secador, sabas e toallas. Asadeiro exterior (de pago).

Toda a unidade situada na planta baixa está adaptada e tamén conta con aparcadoiro adaptado para persoas de mobilidade reducida.

San Román de Doniños

Aldea de Cariño n°4, San Román de Doniños, Ferrol, 15593. A Coruña.
627963968

Bonita casa a 3 metros da praia de agarimo, Consta de 2 hab con capacidade para 4-5 persoas: unha con cama de 150, a outra, liteira de 90 ou cama de 105 ou as 2 cousas. Na planta baixa, cociña-comedor, con lavadora e lavalouzas con todos os electrodomésticos e produtos incluídos. Piscina infantil privada, WIFI incluída, sabas toallas, champú, xel etc… incluídos. Zona de grella de churrasco, aparcamento privado. Praia moi tranquila, categoría excelente nas súas augas, pouco concorrida.

Atópase o a entrada da ría de Ferrol, lugar con encanto, epicentro da Costa Artabra Galega, preto dos castelos de San Felipe e A Palma, paraxe natural. Casa moi cómoda para paseos pola praia, nenos, mascotas etc. e para a práctica de deportes acuáticos, surf, mergullo, pesca, pola súa proximidade coa beira. Augas tranquilas e abertas, moi limpas.

N° reg. Vivenda Turística VUT- CO-003725, entrégase con certificado de limpeza profesional anti covid 19. Vivenda anunciada en Airbnb e Booking.

Casacovas

Lugar Covarradeiras, nº 59
Tel: +34 630618681
https://www.facebook.com/CasaCovas-418727688292413/

Vivenda de aluguer de dous dormitorios e un baño (4 prazas), a 7 km. do centro de Ferrol. Ideal para parellas de todas as idades e para familias cun ou dous fillos.

A vivenda, que consta de ampla terraza e xardín, completamente pechado e independente con asadeiro, está distribuída en dúas plantas: na planta baixa atópanse a cociña, que se comunica coa terraza a través dunha gran ventá, o recividorcun armario embutido e un amplo salón moi confortable con grandes ventás con vistas ao mar e ao xardín.

A planta superior consta de dous dormitorios: un con cama dobre de 135cm e outro con liteiras, ambos con armario e un amplo baño con bañeira e secador de pelo.

Tamén dispoñen de cama supletoria e berce.

Cociña equipada con microondas, lavadora, lavalouzas, batedor, neveira e conxelador. TV, DVD, calefacción central e wifi. Entréganse toallas. Pódese aparcar o coche dentro do recinto da casa.

COMPÁRTEO

This post is also available in: English Spanish

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies