The Camp Doniños
San Xurxo da Mariña 8
Tel: +34 605 182 537
www.thecamp.es
thecamp@thecamp.es
Albergue situado nas inmediacións das praias de Doniños e de San Xurxo, ideal para aloxarse mentres aprendes ou practicas surf. Facilidades para a práctica do surf e doutras actividades de turismo activo (caiac, mergullo con tubo…)
Dispón de habitacións con liteiras e baño compartido (duchas), ximnasio aberto 24 horas, terraza, wifi gratis, área de pícnic e asadeiro, cafetaría con almorzos dispoñibles (baixo petición), TV nas zonas comúns. Conta con servizo (opcional) de transporte ao aeroporto e aparcadoiro gratuíto.
Ferrol Surf & Yoga House
Montecoruto,120, A Cabana (Ferrol)
+34 647419284
www.ferrolsurfschool.com
Establecemento situado na Cabana, a escasos minutos en coche de Ferrol e de 8 marabillosas praias, ideais para practicar surf, bodyboard etc. Servizos de escola de surf, con monitores titulados, e de ioga.
Casa rural galega con habitacións dobres, triplas, individuais…(12 prazas en total). Wifi gratis, tres duchas, neveira, conxelador, microondas, lavalouzas, asadeiro, TV, cheminea, terraza, equipo de música, patio, xardín privado, aparcadoiro gratis etc.