CALA DAS FONTES
É unha paradisíaca cala de augas cor verde esmeralda, rodeada de cantís e da illa de Santa Comba ou Illa do Medio. En realidade é unha prolongación da praia de Santa Comba, da que está separada por un cantil.
Cala recollida, de area fina, pero só se pode gozar dela coa marea baixa.