CUARTEL DE DOLORES
Declarado Ben de Interese Cultural, acaba de celebrar o seu 250 aniversario, foi deseñado por Sánchez Bort e ten a honra de ser o cuartel máis antigo de España. Constitúe unha das obras máis singulares da arquitectura militar do s. XVIII, cunha perfecta simetría e un magnífico patio de armas porticado nas súas dúas primeiras plantas.
No seu parte posterior conserva os restos de Fontelonga, a única das portas que se abrían nas murallas que protexían a cidade no s. XVIII e conducía a un antigo peirao hoxe desaparecido. Destaca a súa garita de garda e un arco que serve de contraforte.