Como chegar: desde Ferrol, pola estrada Covas-Esmelle, despois de percorrer 2,5 km hai un desvío sinalizado á ermida de Chamorro.
Miradoiro próximo a Ferrol, xunto á ermida de Chamorro (s.XVI). Desde este lugar, moi querido polos ferroláns, gózase dunha impresionante panorámica da cidade, do val de Serantes e de toda a ría de Ferrol e as súas poboacións da outra beira: Fene, Mugardos…