CASINO
A actual sede do Casino de Ferrol é un edificio asinado por Rodolfo Ucha en 1925. O seu estilo é ecléctico, entre o modernismo e o funcionalismo.
Felipe Belo Piñeiro decorou a “Sala de Conversacións”, popularmente coñecida como “la Pecera” logrando un conxunto decorativo único en Galicia, con ornamentación vexetal e inspiración oriental (as persoas interesadas e grupos poden solicitar autorización para ver as pinturas de Bello Piñeiro)
Na primeira planta ten unha Sala de exposicións e conferencias.
Personaxes coñecidos da cidade ocuparon cargos no Casino como o xeneral de Enxeñeiros Andrés Avelino Comerma ou o escritor Gonzalo Torrente Ballester.