IGREXA DA NOSA SEÑORA DO SOCORRO
Esta igrexa parroquial atópase en Ferrol Vello, detrás do Baluarte de San Xoán, nunha posición elevada respecto ao porto. Construíuse no século XVIII, en estilo neoclásico e cunha soa nave con espadana, substituíndo a anterior igrexa de San Xiao.
Alberga dúas imaxes que son moi veneradas en Ferrol: o Cristo dos Navegantes (s. XVII) e a Virxe do Socorro (s. XVIII).