Hotel Carrís Almirante (4*)

Un hotel céntrico e funcional, distinguido co selo de calidade SICTED. Sitúase xunto á Praza de España, no tradicional barrio da Magdalena, o núcleo onde se concentra a maior parte da vida comercial e de lecer da cidade.

O edificio conta con 98 habitacións distribuídas en 8 plantas de diferente categoría: estándar, estándar superior, Carrís fitness room, premium, premium superior e suite. Wifi gratuíto e parking concertado (de pago).

Dispón de salas de reunións e salóns adaptados a calquera tipo de evento: desde reunións de empresa, a comidas en familia, celebracións, banquetes de vodas, bautizos e comuñóns.

Conta tamén cun restaurante de gran calidade, Asador Gavia, referente da gastronomía local, onde podemos atopar pratos de cociña galega cun estilo máis actual, ademais dos típicos asados que lle dan nome.

Ano de construción/renovación: 2005.

COMPÁRTEO

This post is also available in: English Spanish

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies