Como chegar desde Ferrol:
Estrada Ferrol San Xurxo; en Valón (km.2), coller desvío sinalizado a Doniños.
Nivel de ocupación alto.
Praia con acceso a minusválidos.
Servizos: “chiringuitos”, bares, aparcadoiro en ambos os extremos, posto de socorro e salvamento, duchas, papeleiras.

DONIÑOS

Ten unha extensión de 1900 m., unha zona dunar e unha lagoa. É un areal semiurbano con paseo marítimo e pequena zona de recreo para nenos e nenas. É unha praia rectilínea, de areas douradas e galardoada con bandeira azul.

Ventosa e de forte ondada, é moi apreciada polos amantes do surf. Sitúase nun contorno rural. As súas dunas e a lagoa convértena nun espazo de interese natural.

No seu límite norte, Punta do Castro, áchanse os restos do castro prerromano de Lobadiz. Tamén conta con algúns restos dunha batería de artillaría de costa do s. XVIII, que formaba parte do conxunto defensivo que ten dous accesos: Outeiro, na zona norte (con amplo parking) e Punta Penencia, ao sur, zona menos masificada.

COMPÁRTEO

This post is also available in: English Spanish

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies