A Semana Santa de Ferrol hai que vivila, sentila e vela porque é espectacular. É unha das Semanas Santas máis importantes do norte peninsular e a máis importante de Galicia.
Remóntase ao século XVIII e ten auténticos tesouros da imaxinaría relixiosa. Conta cunha gran tradición en Ferrol e é data de máxima afluencia turística, xa que estamos ante unha Festa Declarada de Interese Turístico Internacional desde 2014.
O cinco confrarías existentes organizan 24 procesións en 9 días e nelas participan uns 3000 confrades.Coñecer as procesións da Semana Santa de Ferrol, xunto con outros puntos de interese cultural de Ferrol e o enclave natural onde nos atopamos, unha experiencia inesquecible para unhas vacacións nesta época.
Desde a Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol organízase un completo programa de actividades culturais e de turismo activo para dar satisfacción a todos os gustos e idades (consultar nas oficinas de turismo)