A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol organiza o XXXIII Concurso Internacional de Piano, do 29 de abril ao 7 de maio do 2022. O premio desenvolverase nas súas fases preliminares no Teatro Jofre e a final terá lugar no Auditorio de Ferrol.
É un concurso de prestixio internacional e é bastante frecuente que tras pasar por Ferrol os gañadores actúen en grandes cidades como Berlín ou Nueva York.
O 28 arrincan os actos do certame cun concerto especial e a xornada do 8 de maio haberá outro recital.
PROGRAMA
-28 de abril ás 20:30 no Teatro Jofre: acto inaugural e concerto de apertura
– 6 de maio ás 19:30 no Teatro Jofre: concerto de membros do xurado e gañador do ano pasado
– 7 de maio ás 20:00 no Auditorio Municipal: gran final do Concurso
– 8 de maio ás 20:00 no Auditorio Municipal: Concerto de clausura
Venda de entradas en liña e nas despacho de billetes do Teatro Jofre e do Auditorio (aquí dúas horas antes do inicio de cada concerto).
¿Queres tocar en Praza de Armas? Podes ser afeccionado ou profesional, de calquera idade e estilo. Escríbenos ao mail: concurso@ferrolpianocompetition.com e apuntámosche no horario que prefiras. Esperámosche!