Cómo chegar desde Ferrol: estrada Ferrol-San Xurxo.
Nivel de ocupación medio-alto.
Servizos: bar e restaurante, aparcadoiro, posto de socorro e lancha de salvamento, duchas, papeleiras.
O cámping As Cabazas e a área recreativa do mesmo nome están moi próximos.

SAN XURXO

Praia dun 2100 m. situada nunha belísima baía, con area branca e fina e auga cristalina, de cor azul-verdosa. Posúe bandeira azul.

É ventosa e con forte ondada, polo que resulta perigosa para o baño. Ideal para os afeccionados ao surf, ao bodyboard e windsurf.

Sitúase nun contorno rural e ten unha zona de fondeo de embarcacións.

Accédese ao areal desde A Pedreira ou desde Vila da Area, que é a zona menos concorrida.

COMPÁRTELO

This post is also available in: English Spanish

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies