SAN XURXO
Praia dun 2100 m. situada nunha belísima baía, con area branca e fina e auga cristalina, de cor azul-verdosa. Posúe bandeira azul.
É ventosa e con forte ondada, polo que resulta perigosa para o baño. Ideal para os afeccionados ao surf, ao bodyboard e windsurf.
Sitúase nun contorno rural e ten unha zona de fondeo de embarcacións.
Accédese ao areal desde A Pedreira ou desde Vila da Area, que é a zona menos concorrida.