CORREOS
Áchase fronte ao Teatro Jofre e a Porta do Dique do Arsenal Militar. É obra de Joaquín Otamendi en colaboración con Antonio Palacios. O seu ano de construción é o 1935.
O seu estilo é rexionalista, aínda que lembra máis o estilo montañés de Cantabria. De grandes dimensións, presenta unha escalinata que leva a unha tripla arcada na fachada que fai de porta principal.
Dúas torres flanquean dita fachada. No interior destaca a vidreira do teito, que conserva un escudo do II República.