IGREXA CASTRENSE DE SAN FRANCISCO
Igrexa de mediados do s. XVIII que se sitúa no antigo solar dun convento franciscano do s. XIV. Está encostada ao Parador de Turismo. É unha igrexa sen torres, supostamente porque quitarían visibilidade a un observatorio astronómico da Mariña que finalmente non se construíu.
No interior atopamos un retablo de José Ferreiro, o escultor máis destacado do neoclasicismo galego e unha talla de Santa Bárbara (s. XVIII), patroa dos estaleiros.