Día do patrón da cidade. Celébranse diversos actos, entre os que destacan a misa na Concatedral de San Xiao e a degustación gratuíta de arroz con leite, prato típico ferrolán.
Este día, no Teatro Jofre, noméase ao “Ferrolán do Ano” e, no mesmo acto, conmemórase tamén o irmandamento da urbe naval con Lugo.