AQUACIENCIA
É un espazo educativo para aprender e xogar co principal elemento do planeta e de vital importancia para Ferrol, un municipio decididamente marcado pola auga. Nas súas orixes foi unha vila mariñeira e despois, desde o s. XVIII, ligou o seu devir ao da construción naval.
De forma amena, nenos e maiores á vez que pasean por un bonito xardín duns 5000 m² descobren a enerxía da auga, os seus principais usos e propiedades, a través de paneis, maquetas e outros mecanismos.
Existen percorridos para diferentes niveis- desde primaria ata bacharelato e pódese concertar visitas guiadas para grupos.
Aquaciencia dispón de fichas temáticas para profesorado e monitores/as sobre a auga e as máquinas do parque.