CALAS

CALAS DE MEDOTE E SARTAÑA

Son dúas calas de area branca e fina, illadas e salvaxes, separadas entre si por unhas rocas.

INFO

CALA DE AS FONTES

É unha paradisíaca cala de augas cor verde esmeralda, rodeada de cantiis e da Illa de Santa Comba ou Illa do Medio.

INFO

CALA DE LUMEBÓ

É unha cala salvaxe, de gran beleza, á que só se pode acceder con marea baixa. O seu acceso é moi dificil debido ao escarpado do terreo.

INFO

CALA DE O PORTO

Cala dun 65 m. situada nas inmediacións da cetaria de Covas e do Cabo Prior, que desaparece case totalmente coa marea alta.

INFO

LOBADIZ

Cala rochosa, ventosa e con ondada, pero cunhas magníficas vistas das illas Gabeiras. É ideal para os afeccionados ao mergullo polas súas augas claras e os restos dun naufraxio.

INFO

COMPÁRTELO

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies