CALAS DE MEDOTE E SARTAÑA
Son dúas calas de area branca e fina, illadas e salvaxes, separadas entre si por unhas rochas.
CALA DAS FONTES
É unha paradisíaca cala de augas cor verde esmeralda, rodeada de cantís e da Illa de Santa Comba ou Illa do Medio.
CALA DE LUMEBÓ
É unha cala salvaxe, de gran beleza, á que só se pode acceder con marea baixa. O seu acceso é moi dificil debido ao escarpado do terreo.