CAMPING AS CABAZAS (3*)
Situado xunto á praia da Fragata, nunha contorna de gran beleza natural, a tan só 15 minutos da cidade naval de Ferrol. É ideal para a práctica de actividades de turismo activo (surf, pesca, sendeirismo, btt, mergullo, windsurf, kitesurf etc).
Conta con arboredo e céspede en todas as zonas de acampada e inclúe un campo de fútbol de céspede. Supermercado, cafetaría, lavandaría, wifi e aparcadoiro vixiado. Acceso directo e privado á praia. Vixilancia nocturna. Carril bici ata a praia de Doniños.
Abre os meses de verán.