Ampla e coidada casa a menos de 5 minutos en coche de espectaculares praias e rodeada de verde. Vivenda familiar que conta con tres habitacións: unha con cama dobre, outra con dúas camas individuais e unha habitación tripla. Salón con cheminea e biblioteca. Calefacción, wifi, xardín e aoarcadoiro á entrada. Cociña equipada con vitrocerámica e todo o necesario para almorzar e cociñar, café, infusións, aceite, sal, especias…
Ideal para realizar actividades de turismo activo: rutas en bicicleta (servizo de aluguer de bicicletas), sendeirismo, deportes náuticos etc. Servizo de preparación de pícnic, produtos ecolóxicos, produtos locais ou km. 0, servizo de xestión de aluguer de bicicletas, servizo de recollida no apeadoiro, xestión de actividades de lecer próximas, etc.
Período de funcionamento: todo o ano.