CASA TONO
Horario: abre a diario de 12:00 a 15:30 h.
Restaurante fundado hai 70 anos, emprazado nunha paraxe idílica en San Filipe e que ofrece unha variedade estupenda de peixe de roca da zona, polbo e ameixa da ría de Ferrol, zamburiñas e outras exquisiteces dependendo das capturas do día.
Os pratos de peixe cocíñanse no momento e non teñen ningún tipo de preparación previa polo que o sabor é moi especial dada a súa excelente calidade e a súa coidada elaboración. Dispoñen de gran selección de Ribeiros e Albariños.