CENTRO SOCIOCULTURAL FUNDACIÓN ABANCA
É unha das institucións culturais máis destacadas de Ferrol, que se caracteriza pola calidade das súas exposicións temporais.Tamén é un espazo idóneo para a organización de eventos.
O Centro sitúase en pleno centro de Ferrol, moi próximo a outros edificios emblemáticos da cidade, tales como o Teatro Jofre, a Concatedral, o Mercado e Correos.
O seu edificio, de principios do s. XIX, de planta simétrica e estilo clásico tivo diferentes usos: de Concello a cárcere, logo funcionou como instituto de secundaria _ aquí impartiron clases Concepción Arenal e Gonzalo Torrente Ballester_ e tamén foi sede do Goberno Militar.
A súa configuración actual débese á última reforma, concluída en 2005 e que habilitou o seu interior como un recinto polivalente, adaptable a multitude de posibilidades e ademais con acceso universal. Con algo máis de 4.300 m², distribuídos en sete plantas, dispón de salón de actos equipado cos últimos avances tecnolóxicos e diversas salas para exposicións, obradoiros, cursos, etc.
Para información sobre as exposicións consultar a súa páxina web.