CENTRO TORRENTE BALLESTER (CTB)
Sitúase no antigo Hospital de Caridade de Ferrol e caracterízase por unha programación pluridisciplinar de arte contemporánea. Inaugurado en 1993, pretende ser foco de difusión das artes plásticas, ademais de punto de encontro da cultura na cidade e Galicia.
Desde os dous últimos anos, acolle ademais mostras de disciplinas relacionadas coa arte, tales como o cinema, a arquitectura, a música ou o deseño, con vistas a atraer a Ferrol ás persoas afeccionadas á cultura en xeral.
É moi recomendable asistir a algúns dos espectáculos de pequeno formato, pero de gran calidade, que se programan na súa capela con bastante asiduidade.
Na súa páxina de facebook poden consultarse as exposicións programadas en cada momento, así como eventos previstos.