EQUIOCIO

Amazonas e xinetes chegados de toda España e do veciño Portugal danse cita cada verán na nosa cidade. Equiocio Ferrol volverá ser destino obrigado de todos os afeccionados ao mundo ecuestre. O certame hípico e de lecer familiar celebra do 1 ao 4 de agosto en Covas a súa 33 edición, cunha oferta deportiva e de actividades paralelas que gaña en variedade e calidade.
No que á hípica refírese, ademais de acoller o único concurso de salto tres estrelas do verán galego (o CSN*** Cidade de Ferrol) Equiocio reforza a súa aposta pola canteira. E así en paralelo ao Nacional de Póneis, que volve ser valedoiro para a Copa de Campións, convértese en sede da liga de Norte a Sur.

Aínda que, desde hai décadas, a cita é moito máis que hípica. Equiocio Ferrol convértese no mellor escaparate da cidade e do Xeodestino Ferrolterra- Rías Altas.

Quen se achegue este ano a Covas poderán gozar de propostas de turismo activo en plena natureza (yincana e roteiro btt á tardiña, saídas en ebike, BSR), dun zoco con firmas sostibles e de proximidade, do festival de mascotas, de talleres de hortos e de reciclaxe creativa, de actividades protagonizadas por entidades sociosanitarias de Ferrolterra… e, como non, de concertos con sabor 100% ferrolán e das degustacións únicas dos mellores produtos do mar. En definitiva, unha oferta para todos os gustos e idades. Un planazo para achegarse a Ferrol e aproveitar para gozar de todo o que ofrece a nosa cidade.

Finaciado pola Deputación da Coruña.

COMPÁRTEO

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, prema no enlace para maior información.

ACEPTAR
Aviso de cookies