O prato forte deste evento é o Concurso Hípico Cidade de Ferrol, con participación duns 200 xinetes chegados de diferentes puntos de España e de Portugal.
Outra das competicións hípicas programadas é unha das probas do Campionato galego de andaina.
O Domingo 4 de agosto de 2019, celebrarase o Trail de Cabo Prior, cun trail de 16 km con desnivel positivo de 600 metros e unha andaina de 10km aproximada con saída da Finca As Cabazas (Centro do Evento Equiocio). Inscricións e máis información en www.equiocio.es
Ademais da parte deportiva, Equiocio desenvolve actividades para o lecer: zona de restauración (food trucks), zona comercial con expositores, inchables, bautismos hípicos, talleres, demostracións de bailes, zumba, ruta BTT para todos os públicos…
Tamén se realiza un concurso de fotografía sobre o litoral da Costa Ártabra e o Covas Music Festival, na tarde-noite, con actuacións de grupos musicais.
A Sociedade Galega de Historia Natural colabora con Equiocio organizando unha ruta guiada pola contorna singular das Cabazas, un territorio de elevado valor ambiental. Será o sábado 3 de agosto. Inscricións desde o 8 de xullo. Máis información en www.equiocio.es