ESMELLE
Praia con bandeira azul aberta, de area branca e fina, con forte ondada e vento, o que a fai adecuada para os deportes acuáticos. A súa lonxitude é de 160 m.
Supón unha continuación da praia de San Xurxo da que está separada por unhas rochas e, do mesmo xeito que esta e a Fragata (seguinte praia que nos atopamos), sitúase no medio rural.