IGREXA DE DOLORES
Levantada na Praza de Amboaxe na segunda metade do s. XVIII pola congregación que leva o seu nome.
Na fachada podemos ver un óculo redondo con vidreira sobre a porta e dúas pequenas torres campanario, unha delas cun reloxo.
O seu interior é dunha soa nave de cruz latina. Contén tallas da Dolorosa, un Nazareno, un Crucificado, etc.
Sede da Confraría de Dolores.