IGREXA DAS ANGUSTIAS
Nesta capela ten a súa sede a Confraría das Angustias e aquí celébranse importantes actos da Semana Santa ferrolá.
A capela construíuse a finais do s. XVIII. É de liñas simples, con panos brancos. No seu interior atópase unha talla moi venerada polos ferroláns: a Virxe das Angustias, co seu Fillo en brazos.